París - Paris
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Información | |||||
Departamento | París | ||||
Rexión | ![]() |
||||
Superficie | 105.40 km2 | ||||
Poboación | 2.144.700 (2002) | ||||
Densidade | 20.330 h/km² | ||||
Alcalde | Bertrand Delanoë (PS) | ||||
www.paris.fr Páxina Oficial |
París (en francés Paris) é a capital e a maior cidade de Francia, tamén é a capital da rexión administrativa de Illa de Francia. A cidade está atravesada polo río Sena e constitúe a segunda maior metrópole de Europa (despois de Moscova).
A cidade é coñecida mundialmente como a Cidade das Luces, sendo unha das principais cidades turísticas do mundo. Os principais atractivos da cidade son a beleza da súa arquitetura, as súas perspectivas urbanas e avenidas, e os seus museos. As marxes do río Sena, en París, foron inscritas, en 1991, na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.
Foi capital dun imperio que se estendeu sobre os cinco continentes, París continúa a reter unha importante posición no escenario mundial, é considerada a capital do mundo francófono. París constitúe un importante centro industrial, financeiro e turístico, o que converteu á cidade nun dos maiores centros de transportes do mundo.
Índice |
[editar] Historia
Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade gala.
En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.
Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.
París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos a fixo capital 508, trala vitoria sobre os romanos.
Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París convertiuse nunha das dúas grandres cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París convertiuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construiu unha muralla meirande a anteriormente citada.
Entre finais do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, contruiu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a Place des Vosges. O seu sucesor Luís XIII extendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Luís XIV destruiu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.
A finais do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.
Trala súa autoproclamación de Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de ter contemplado a Lyon para tal privilexio.
Baixo o reinado de Luís Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.
Con Napoleón III a cidade sufrió a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha grande parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construiton canalizacións de augas e outros importantes adiandos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército naguerra franco-prusiana.
Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).
Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.
En 1940 a cidade foi conquerida polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da Segunda Guerra Mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle destrozos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.
Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovandose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.
Ver tamén Historia urbana de París.
[editar] Demografía
![]() |
||||
Ile-de-France départements | ||||
Áreas | Poboación 2005 est. |
Área (km²) |
Densidade (/km²) |
1999-2005 crecemento pob. |
Cidade de París (departamento 75) |
2.153.600 | 105 | 20.433 | +1,33% |
Anel interno (Petite Couronne) (Depts. 92, 93, 94) |
4.254.600 | 657 | 6.477 | +5,34% |
Anel externo (Grande Couronne) (Depts. 77, 78, 91, 95) |
4.991.100 | 11.249 | 426 | +4,25% |
Ile-de-France (rexión) |
11.399.300 | 12.011 | 949 | +4,08% |
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999) | ||||
Áreas | Poboación 1999 census |
Área (km²) |
Densidade (/km²) |
1990-1999 crecemento pob. |
Área urbana (Paris agglomeration) |
9.644.507 | 2.723 | 3.542 | +1,85% |
Área metropolitana (Paris aire urbaine) |
11.174.743 | 14.518 | 770 | +2,90% |
A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflite a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigracion de residentes aos arrabais entre 1962 e 1975. Os factores da emigracion inclúen a desindustrializacion, as altas rendas, o aburguesamendo dos barrios céntricos, a transformacion do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras. As perdas poboacionais da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo o primeiro medre poboacional na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.
[editar] Densidade
París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, todas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.
Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.
[editar] Organización administrativa
Logo da leido 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisina, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é á vez un departamento e un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorias. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.
[editar] A aglomeración de París
A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e se extiende cara un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.
A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.
[editar] Monumentos máis importantes
Edificios
- A Sainte-Chapelle
- A Catedral de Nôtre Dame
- O Panteón
- A Torre de Montparnasse
- Os Inválidos e a tumba de Napoleón
- A Torre Eiffel
- Arco do Triunfo
- A Ópera Garnier
- O Sagrado corazón
Xardíns
- Parque do Bois de Boulogne
- Parque do Bois de Vincennes
- Parque Monceau
- Parque Montsouris
- Parque das Buttes-Chaumont
- Xardín das Tullerías
- Xardín de Luxemburgo
Principais museos
- Museo do Louvre
- Centro Georges Pompidou
- Museo Picasso
- Museo de Orsay
- Museo Rodin
Lugares públicos
- As ribeiras do Sena
- O barrio de Saint Germain des Près
- O Marais
- A Praza da Bastilla
- A Ponte de Alexandre III
- A Praza da Concordia
- Os Campos Elíseos
- Montmartre
1985: Atenas · 1986: Florencia · 1987: Ámsterdam · 1988: Berlín · 1989: París · 1990: Glasgow ·1991: Dublín · 1992: Madrid · 1993: Antuerpen · 1994: Lisboa · 1995: Luxemburgo · 1996: Copenhague · 1997: Tesalónica 1998: Estocolmo · 1999: Weimar · 2000: Reiquiavik · Bergen · Helsinki · Bruxelas · Praga · Cracovia · Santiago de Compostela · Avignon · Boloña · 2001: Rotterdam · Porto · 2002: Bruxas · Salamanca · 2003: Graz · 2004: Xénova · Lille · 2005: Cork · 2006: Patras · 2007: Luxemburgo e rexión · Sibiu · 2008: Liverpool · Stavanger · 2009: Linz · Vilnius · 2010: Essen · Pécs· Istambul · 2011: Turku · Talín · 2012: Guimaraes |